Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo

----
Temos 4 epístola/s relacionada/s con literatura en Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1958-05-25
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1958
Vigo -
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1958 en 25/05/1958

Vigo, 25 maio 1958


Querido Isaac:

Demoréi un pouco a resposta a tua do 31 de marzal, para poder facelo agora despois da obriga cumprida. O libro, en dous exemprares, xa estará no Centro Galego, cando recibades, ti e Pepe Núñez, estas liñas. Escribín, ademais, a Abelardo Estévez, para que si non necesitan, como supoño, mais que un exemplar, vos facilite o outro. Podedes, pol-o tanto, pedirllo, pois teño intrés en coñecer a vosa opinión, denantes de que a imprenta faga irremediabre calquera fallo. Como se trata de libro de certo fondo, que pretende situar nun terreo fértil e práctico os problemas mais anguriosos e abandoados secularmente, da nosa Terra, toda suma de opinións é moi de ter en aprecio. E mais, si son vosas.
A revista a que te refires, anunciada como bi-mensual, non voltóu a sahir. Supoño que o fará con retardo. E, desgraciadamente, sin que os verdadeiros intresados na economía de Galicia se enteiren do seu contido. Pol-o demais, as estratificacións mentaes son sempre irremovibles. De quen as padeza se non pode agardar nada. Morrerá co seu mal. Só nos queda deproral-o e cristianamente axudal-o no que se poida. Supoño que a forza de enseñar a orella cada un ficará como quen é.
Intentéi falar con Moisés da tua insinuación sobre a fabricación de Rosenthal en Burela. Non puden coincidir aínda con el. Supoño que estará enteirado e que moverá o que poida en contra. N-estes días viñeron a Galiza os dirixentes alemáns, mais non sei con que intencións.
Xavier vai algo millor, mais non se coida doada a sua recuperación total. Tamén Pilar melloróu das súas molestias, sin normalizal-as.
Cecais dentro de dous días vaiamos ao Castro. Unha fábrica de artigos de goma, d-eiquí, quixera encargarvos moldes de porcelana, e teñen intrés en que leve a un dos xerentes, coincidindo c-unha vista que teño na Audiencia. De Mimina e os nenos recibimos carta derradeiramente.
De Cabanillas as novas son ruíns. Sigue en Sant Yago, onde quixeron tratarlle un cáncer de párpado. Optaron por radial-o, mais atópase mal. Tamén Maside tuvo outra recaída n-estes días. Son xa tan frecuentes que coido que [non] resista moito máis. Teño temor de que a cousa se poña moito peor. Cuevillas tamen anda mal. Ten derrames repetidos que non permiten agardar recuperación. Gómez Román foi operado por Beiras de cataratas. Tamén tuvo unha compricación. Parece que vai algo millor.
E nada mais. Supoño que os fornos xa estarán botando fume. Deséxovos moito ben na aventura industrial, e teño seguranza de que será así.
Apertas cordiaes de

Valentín

1976-07-18
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1976
Sargadelos - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1976 en 18/07/1976

Sargadelos, 18.7.76


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo

Querido Valentín:

Non puden baixar e penso que en 10 ou 12 non poderei facelo. Avisareite. Quería respostar a túa do 5 cte. coa miña visita, e agradecerte persoalmente o fermoso poema que lle adicas ao meu pai, e comentar algunhas cousas da historicidade do lerio. Será un fermoso libro esa Cinzas da Guerra e as ilustracións de Colmeiro o redondearán. Colmeiro estivo na conferencia de Cuadrado.
Boeno. Lorenzo Varela con Marika están no Castro na miña casa. Se queres podes chamalo aos: 620200 / 620201 / 620225; pasarán o vran alí salvo algún día que os traerei acó.
Prométote que baixarei a Vigo (iso de baixar é pola posición do mapa pois en realidade, xa sei, ir a Vigo siñifica «subir»).
Apertas tensas a ti e a toda esa gran familia, voso


Isaac

1986-06-08
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986
Sargadelos - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986 en 08/06/1986

Sargadelos, 8 de xuño de 1986


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo



Benquerido Valentín:

Seguín a túa doenza e vexo que vas pra adiante e non te arredas. Me felicito. Velahí vai o índice e o limiar do libro que lle imos facer a Núñez Búa, bótalle un ollo e indícame o que che pete. Sería ben que o libro levase unhas líneas túas, ben encabezándoo ou ben a modo de epílogo. Ti verás. Non quero ser teimoso nisto pois son consciente de que non se che pode agonear masis do que todos, todos, agoneámoste.
Ímonos ver axiña durante este mes en dúas ocasiós. Unha delas o 29 pra te festexar en Trasalba.
O libro de Núñez Búa non baixará de 350 páxinas en letra miuda. Nada máis. Adiante.
Apertas tensas a ti, a Pilar, a todos.

Isaac

1986-07-19
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986
Sargadelos -
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986 en 19/07/1986

Sargadelos, 19-VII-1986


Calquer día imos darte unha aperta e a levarte a 2ª edición do teu «Castelao».

Adiante, Apertas tensas.


Isaac