Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal

----

TEMÁTICA: Ediciós do Castro
Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal

En 1963 naceu a dimensión editorial do Grupo Sargadelos co nome de Ediciós do Castro, empeñada na recuperación da memoria histórica de Galicia, no estudo da realidade actual, no espallamento científico das nosas bases económicas e das nosas formas culturais.
Temos 3 epístola/s relacionada/s con Ediciós do Castro en Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1966-03-10
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1966
Vigo -
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1966 en 10/03/1966

Vigo, 10/3/1966



Querido Isaac:

Estóu hai moito tempo para contestar a tua derradeira carta. Son tantas as angueiras que un ten enriba, en loita de urxencia, que nos deixan sen vagar aínda par-a o mais grato ao noso esprito. De todal-as sortes, non hai moitas cousas a contar, pois o adormecemento persiste, aínda que o tempo, bon roedor, faga tamén a sua laboura profunda.
Te supoño informado do episodio A.M. Faléi con il e escribinlle. Sempre supuxen que non levarían a cousa adiante, para non provocar resoancias ao exterior. A derradeira carta que me escribéu dende as túas mariñas anunciaba a volta a Madrid, onde supoño que se atopará arestora. O día 15 penso chamal-o, de camiño para Guinea Ecuatorial, onde pasaréi uns días, por necesidade de intervir n-unha sociedade filial de Pescanova que alí vai a fundarse. Despois demorarei en Canarias dous ou tres días.
Vin en Madrid expostos n-un escaparate de Espasa-Calpe os teus debuxos de Cecilia, que son un alarde beleza e de rigor artístico. Tamén o texto, penso que das páxinas máis logradas da mesma pruma, serán as primeiras. Teño lido algo nos xornaes galegos sobre o libro de Tomás Barros, mais do resto dos editados no Castro pouco ou nada. Nosos críticos –d-algún xeito han de ser chamados-, prefiren escribir sobre temas que deixan na indiferenza ao lector que da nosa promoción cultural auténtica, tan precisada de difusión na masa.
N-este mesmo mes suponse que ficará aprobada a nova lei de prensa. Cecais se intente facer algo en Vigo. Teño falado do asunto con Augusto Assía, que agora recalóu en Madrid con permanente ancoradoura. ¿Qué fai Seoane? ¿E Varela? Pepe Núñez dime algo da incorporación de Lourenzo a Correo de Galicia, do que non vin aínda exemprar algún. Penso que ben puideron escoller un tídoo sen antecedentes recusabres.
E nada mais. Con Mimina faléi un día dend-a Cruña. Supoño que Camiliño se defenderá ben nas novas angueiras. Anuncióume Bene, o do Faro, que vai saír para Bos Aires invitado por Mourente, e que este prepara unha volta a Galiza.
Nada máis pol-o d-hoxe. Recibe, con Camiliño, a máis forte aperta de


Valentín


P.D. Moisés Álvarez leva varios meses fora. Supoño que chegará despois do 20. Si queres que lle diga algo, podo facel-o, si aínda é tempo. Agardo calquera indicación tua si debo intervir no asunto

1977-04-10
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977
O Castro [parr. Osedo, conc. Sada] - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977 en 10/04/1977

Castro, 10, abril, 77



Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

O abogado que teño acó á miña beira (refírome en Sargadelos) fixo ese borrador pra os posibles Estatutos da Sociedade do Xornal. Por norma que fumos tomando das bastantes sociedades que fumos facendo, os facemos breves, desbotando todo innecesario se está inmodificablemente previsto na Lei. Ti verás. Chamareite. Isto conviña velo axiña pra facer rapidamente a próxima Xuntanza.
Van tamén uns estudios da editorial coma empresa económica. Me gustaría que vise isto Alfonso.
Vámonos a ver ou falar. Eu mañán volvo a Sargadelos. Lorenzo fica no Castro (telf. 620225).
Apertas tensas a todos

Isaac

1986-06-08
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986
Sargadelos - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986 en 08/06/1986

Sargadelos, 8 de xuño de 1986


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo



Benquerido Valentín:

Seguín a túa doenza e vexo que vas pra adiante e non te arredas. Me felicito. Velahí vai o índice e o limiar do libro que lle imos facer a Núñez Búa, bótalle un ollo e indícame o que che pete. Sería ben que o libro levase unhas líneas túas, ben encabezándoo ou ben a modo de epílogo. Ti verás. Non quero ser teimoso nisto pois son consciente de que non se che pode agonear masis do que todos, todos, agoneámoste.
Ímonos ver axiña durante este mes en dúas ocasiós. Unha delas o 29 pra te festexar en Trasalba.
O libro de Núñez Búa non baixará de 350 páxinas en letra miuda. Nada máis. Adiante.
Apertas tensas a ti, a Pilar, a todos.

Isaac