Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas

----

TEMÁTICA: Álbum Nós
Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas

O Álbum Nós é unha colección dixital de biografías de persoas vencelladas dunha ou outra forma á revista Nós. Con esta iniciativa de carácter divulgativo, o Consello da Cultura Galega súmase neste ano 2020 ás conmemoracións polo centenario desta histórica cabeceira, un proxecto clave para a dignificación e modernización da cultura galega.

Cada quince días este Álbum irá sumando, sen pretensión de exhaustividade, máis de medio cento de entradas que, integradas no Álbum de Galicia, farán visible o labor dun grupo de intelectuais que fixeron realidade tan ambiciosa empresa. Preténdese así dar a coñecer figuras se cadra menos coñecidas pero non por iso menos determinantes no éxito da revista e, ao tempo, poñer o foco nos vencellos que tiveron con Nós persoeiros xa ben coñecidos pola súa obra literaria, plástica ou investigadora.
Temos 4 epístola/s relacionada/s con Álbum Nós en Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1928-12-00
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Ourense -
epístola Orixinal -
1929-12-23
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
-
epístola Orixinal -
1930-06-28
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
-
epístola Orixinal -
1932-01-00
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
-
epístola Orixinal -