Entidade: Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses

Entidade: Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1968-05-29
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1968
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel. 211562 / Vigo

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Seoane. 1968 en 29/05/1968


Vigo, 29 de mayo de 1968

Sr. D.
Luis SEOANE LÓPEZ
Montevideo, 1985 - piso 3º dep. 68
Buenos Aires

Querido Luis:

Fai meses que teño pendente de resposta a tua derradeira carta. Demorei contestala por ter conocimento de que o Xerente de “Frigoríficos Berbés S.A.”, enviouche un plano da fachada onde debe colocarse o mural coas medidas. Como o resto está xa rematado, hoxe pedinlle unha nova foto que ordeará facer, onde o espacio reservado pra o teu arte fica con cara de cemento.
Tamén motivou a demora, a promesa do Alcalde renovada varias veces xa, de ir conmigo un día ao Castro pra mercar un lote dos teus cadros e outro dos de Isaac. Como e home tan ocupado ainda non pudo dispor de unhas horas pra facer o viaxe, mais sigue no mesmo pensamento. Derradeiramente mercoulle 4 oleos a Torres e 12 a Colmeiro. Todo o de Maside será depositado tamen en Castrelos. Consigueu ademais 6.000.000 de ptas. pra construir un novo edificio proximo ao Pazo, adicado totalmente a Museo.
Con Isaac estuven o dia 24, con motivo d-unha conferencia que din na Cruña, onde se ven celebrando un ciclo orgaizado pol-o Instituto Cornide. Sei que editou dous libros mais, un adicado a ti. Aínda non-os recibín.
Supoño que pensarás no pensamento de voltar en Octubre. Denantes deberías mandar si podes o proyecto do mural.
No Correo Gallego de Santiago, publicóuse o teu parrafeo sobre Fuentes Jorge pol-a Radio. Fixome lembrar os meus tempos, nos que tamen frecuentaba a Libreria de Rubial.
Laxeiro e Failde fixeron derradeiramente en Madrid dos exposicións [sic], verdaderamente extraordinarias. Failde vendéu moito. De Laxeiro sei de algunha venda, mais non teño toda información sobre éste punto.
O meu libro de poemas editarase na colección Salnés. Levará pol-o tanto a portada que levan os outros libros xa pubricados.

Coas nosas millores lembranzas pra Maruxa que Pilar e Alfonso manda tamen pra tí, recibe unha cordial aperta do teu sempre incondicioal amigo enteiro e verdadeiro,

Valentín


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Arias “Mimina”, Carmen;  Laxeiro, ;  Picasso, Pablo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Díaz, Xosé;  Colmeiro, Manuel;  Falcini, Luís;  Gerstein, Marika;  Sofovich, Bernardo;  Blanco Amor, Eduardo;  Ledo, Xohán;  Dónega, Marino;  Burd, Lipa;  Alberti, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Gil Varela, Álvaro;  Fole, Ánxel;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Muñoz Manzano, Carmen;  Zegrí, Armando;  Lifschitz, Rafael;  Burd, Esther;  Baudizzone, Luís;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Díaz Dorado, Diego;  Tormo, Elena;  Miró, Joan;  Goya, Francisco de;  Prada, Rodolfo;  Frontini, Norberto;  Neira Vilas, Xosé;  Gerstein, Noemí;  Payró, Julio;  Otero Espasandín, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Carballo Calero, Ricardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  autores/as;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  artes escénicas;  Galería Bonino;  historia;  radio;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  premios;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  cine;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  exilio;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Libro de Tapas;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  axentes culturais;  música;  Fardel d’eisilado;  entrevista;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Sargadelos de Barcelona;  Mulleres;  Martín Fierro;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Homaxe a un paxaro;  Exposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  cultura;  Ediciós do Castro;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Mulleres no Álbum de Galicia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0