Entidade: Agrupación Unión Gallega del centro gallego de Buenos Aires

Entidade: Agrupación Unión Gallega del centro gallego de Buenos Aires [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1970-04-15
Carta de Seoane a Palmás. 1970
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Palmás. 1970 en 15/04/1970


A Cruña 15 de abril de 1970

Sr. Ricardo Palmás
Buenos Aires

Meu querido amigo:

Recibín a súa carta, data 4 diste mes. Viñemos de Madrid o domingo derradeiro denantes de rematada a esposición, remátase hoxe, polo meu traballo eiquí. Resulta dun gran ésito. Moitas críticas, moi boas i estensas, afirmándoa como unha das millores esposiciós da temporada, moito púbrico mozo e algunhas ventas. Estou, pois, moi contento polo resultado. Matino que a proposición de vostede pra Fundación Penzol tenlles de interesar, coma ten interés o posíbel traballo sobre a violencia en Galicia e as rebeliós campesinas dende a Edade Media deica Castrelo de Miño, cun capídoo moi interesante que tería de sere o referido ao movimento agrario dirixido por Basilio Álvarez na segunda decena deste século. Comprendendo na violencia a emigración, que é outra forma de violencia.
Non sei nada da coleitividade. Supoño que o Instituto Arxentino de Cultura Galega é a Comisión de Cultura do Centro Galego, unha coleción de badocos sen remedio. O señor Barreiro da Agrupación Unión Galega puxérono seguramente porque en algún tempo terá feito o boletín do sindicato de cortadores, ó que pertenecía. De Galicia non sabe nada. É boa persoa mais xa un pouco ido. Voltaremos nos derradeiros días de Maio.

Unha aperta moi forte para Inés, Pilar e Martínez Romero e pra vostede de Maruxa e miña. A Inés escríbolle tamén:

[Seoane]


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Arias “Mimina”, Carmen;  Laxeiro, ;  Picasso, Pablo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Díaz, Xosé;  Colmeiro, Manuel;  Gerstein, Marika;  Falcini, Luís;  Sofovich, Bernardo;  Blanco Amor, Eduardo;  Ledo, Xohán;  Dónega, Marino;  Burd, Lipa;  Alberti, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Gil Varela, Álvaro;  Fole, Ánxel;  Muñoz Manzano, Carmen;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Zegrí, Armando;  Lifschitz, Rafael;  Burd, Esther;  Baudizzone, Luís;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Díaz Dorado, Diego;  Tormo, Elena;  Miró, Joan;  Goya, Francisco de;  Prada, Rodolfo;  Frontini, Norberto;  Gerstein, Noemí;  Neira Vilas, Xosé;  Otero Espasandín, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Payró, Julio;  Carballo Calero, Ricardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  autores/as;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  artes escénicas;  Galería Bonino;  historia;  radio;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  premios;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  cine;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  exilio;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Libro de Tapas;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  axentes culturais;  música;  Fardel d’eisilado;  entrevista;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Sargadelos de Barcelona;  Mulleres;  Martín Fierro;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Homaxe a un paxaro;  Exposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  cultura;  Ediciós do Castro;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Mulleres no Álbum de Galicia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0