Persoa: María Casares

Persoa: María Casares [32]

Data Material Ver
Data Material Ver
Filmografía de María Casares
María Casares nos comezos da súa carreira
María Casares con Albert Camus
Retrato de María Casares
María Casares: Non escoitan máis que aqueles que queren verdadeiramente comprometerse
Tese de doutoramento de Sabela Hermida sobre María Casares
Artigo de Sabela Hermida na revista Madrigal
A Maison Maria Casarès en Alloue é tamén arquivo da memoria e da xenerosidade da actriz
Retrato de María Casares
Especial de Radio France no Centenario María Casares
1931-00-00
María Casares coa súa familia e partidarios de Casares Quiroga. Foto Cancelo, 1931
1934-00-00
Fotografía de María Casares aos 12 anos. 1934
1940-00-00
María Casares aos 18 anos. 1940
1940-00-00
Tarxeta postal co retrato de María Casares. Ca.1940
1944-00-00
Salvoconducto de 1944 de María Casares, a súa tarxeta de identidade en Francia
1945-00-00
María Casares na portada da revista Mon Film. 1945
1947-00-00
María Casares na rodaxe de La Chartreuse de Parme. 1947
1950-00-00
Fotograma da película Orphée de Jean Cocteau. 1950
1957-00-00
María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957
Ver

Transcripción da María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957 en 00/00/1957

Filla de Santiago Casares Quiroga, último presidente do Goberno da República, con 14 anos tivo que fuxir a Francia coa súa nai. Alí viviu o seu exilio, tal como relata na súa biografía, Residente privilegiada, na que fai alusión ao permiso de residencia que lles outorgou o Goberno francés.
Estudou interpretación e chegou a converterse nunha das grandes damas do teatro francés. No cume da súa brillante carreira, viaxou a Arxentina coa compañía do Teatro Nacional Popular, dirixida por Jean Vilar. Para todos os galegos emigrados e exiliados a súa presenza e actuacións teatrais supuxeron momentos de afirmación colectiva e de orgullo. María Casares, ademais dunha actriz de gran sona, era unha muller que defendía nas súas declaracións as súas ideas republicanas e democráticas. E, como non, amosábase orgullosa da súa condición de galega, como podemos ler nunha entrevista realizada nesta viaxe por Víctor Luis Molinari, a quen lle afirma: «En este futuro yo me veo en Galicia, por los caminos de Galicia, representando para mi pueblo y dándole a él lo mejor de mi espíritu».
Nesta visita a Bos Aires participou en varios eventos coa colectividade: fixo unha ofrenda floral á estatua de Rosalía de Castro no Centro Galego e recibiu diversas homenaxes de varias entidades como o Centro Lucense, AGUEA ou o Consello de Galiza, con cuxos membros aparece retratada.
O Consello da Cultura Galega ten publicado un libro de María Lopo no que podemos coñecer máis en profundidade a súa vinculación coa súa terra natal baixo o título de O tempo das mareas. María Casares e Galicia.


1957-00-00
En 1957 María Casares fai unha xira co TNP por Brasil, Uruguai, Arxentina, Chile e Perú. Na foto, con Eduardo Blanco Amor, Virxina Pereira e o actor Tacholas
1957-08-10
Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957)
Ver

Transcripción da Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957) en 10/08/1957

A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) homenaxeou a esta actriz galega durante a súa visita a Arxentina, como integrante da compañía Théâtre National Populaire. En Bos Aires representou varias obras no Teatro Colón con grande éxito. Para os emigrados galegos e do exilio a súa presenza supuxo unha fonda afirmación colectiva de defensa dos ideais republicanos e galeguistas e provocou diversas homenaxes á súa persoa.
Na fotografía aparece María Casares falándolles aos asistentes nun acto celebrado no restaurante Lar Gallego do Centro Lucense. De esquerda a dereita: Mariví Villaverde, Antonio Baltar, Rafael Dieste, María Casares, Eduardo Blanco-Amor, o Dr. Blanco e a súa esposa.


1958-00-00
Con Gérard Philipe e Jean Vilar na xira do TNP por EUA e Canadá. Foto de Jean Rouvet, 1958
1963-00-00
Ensaios de Yerma, en 1963 en Bos Aires, con Margarita Xirgu e Alfredo Alcón nunha foto de prensa
1969-00-00
Entrevista a María Casares no Correo de Galicia de Bos Aires
1972-00-00
Fotograma de Les deux memoires, documental de 1972 realizado por outro exiliado en Francia: Jorge Semprún.
1975-00-00
María Casares debuxada por Luís Seoane. O artista fixo os apuntes do debuxo cando coñeceu á actriz en Arxentina en 1957; o debuxo será publicado en febreiro de 1974 en La Voz de Galicia, como parte da serie «Figuracións» que entre 1971 e 1974 Seoane desenvolve no xornal
1976-00-00
A revista Triunfo publica unha reportaxe sobre a obra de teatro El Adefesio. 1976
1990-00-00
«María Casares», por Luís Seoane
1991-00-00
Capítulo dedicado a María Casares no libro Mulleres de Ursula Heinze
2017-00-00
Retrato de María Casares, de Laura Novas Ribeiro. IES Salvador de Madariaga
2022-00-00
José Luís Méndez Romeu aborda unha das facianas das relacións de María Casares con España.
2022-05-05
Biografía de María Casares na DB-e da Real Academia de la Historia
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Porteiro García, María XoséAgra Romero, María XoséQuintero, MaryFerro, ElenaBobo, MartaColmeiro González, ElenaMarch, Kathleen N.Gallego Domínguez, OlgaRivera, MabelGoicoa Fernández, María de las MercedesTorres, XohanaPorteiro Lago, CarmelaNavaza González, TereixaWonenburger, María JosefaCampos de Michelena, PascualaCaamaño, BegoñaFerreiro Díaz, LolaCoordinadora Feminista Donicela, Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, Bárcena, DoroteaMariño, MaríaCastro, Rosalía dePorta, MiliBoga, MaruxaGulín Domínguez, ÁngelesCasares, MaríaMazás Lata, MaríaPardo Celada, ÁngelaDoel Traseira, ConsueloGrupo Saudade, Vidal Martínez, AuroraPérez-Soba, María LuisaCastroviejo, ConchaNoia, PepaOtero Fontán, CándidaVillalta, LuísaBalteira, MaríaOtero Blanco, EnriquetaVillardefrancos Legrande, MarisaMovemento Democrático de Mulleres en Galicia, Viqueira Landa, LuisaMallo, MarujaArias, XelaKruckenberg, María do CarmeVilariño Pintos, DaríaMulleres das Encrobas, Galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, Tobío Fernández, María de los Ángeles MeigasAlvajar, Amparo Temáticas: Mulleres no Álbum de GaliciaÁlbum de Galicia“cartografías” do Álbum de mulleresÁlbum de GaliciafeminismoensinofilosofíapolíticaxustizaartesaníadeportesA muller galega. Estereotipos e críticaliteraturafotografíapolítica institucionalartes escénicasAs letras das mulleresexilio galegoViaxeiras por GaliciaecoloxíaEcofeminismoseducaciónacción políticaemigraciónmedios de comunicaciónsociedademúsicateatroMulleres e ciencia Álbum da EmigraciónMulleres e alfabetización en galiciaabortofarmaciaCiencia. TecnoloxíaagronomíaHistorias de ida e voltaartescinexinecoloxíaEducación. Pensamento. SociedadeviolenciabibliotecasMemoria e voces femininas da diáspora galegapoesíacienciamigraciónsmedicinamovementos sociaispsiquiatríaidentidade cultural

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0