Preséntanse aquí un total de 5 números de Galiza Nación Cuir. Fanzine da Comisión de Sexo, Xénero, Diversidade e Políticas LGBTQI da Galleira, de Ourense. Creouse como instrumento para o activismo pola diversidade sexual e de xénero en Galicia e na procura da resistencia desde as marxes. De orientación feminista, independentista, decolonial e socialista, ten o obxectivo de recoller e promover os debates vixentes da teoría cuir (queer) do transfeminismo, da ruralidade, da gordofobia e da diversidade funcional, entre outros.
Subtítulo:
Fanzine da Comisión de Sexo, Xénero, Diversidade e Políticas LGBTQI da Galleira, de Ourense
Data de inicio:
5/2016
Data de fin:
9/2020
Inicio:
[2016]
Fin:
[2020]
Comezo-cese:
N.º 0 (maio 2016) – n.º 4 (setembro 2020)
Periodicidade:
Irregular: en 2016 e 2017, dous números ao ano, en maio e novembro; en 2020, un número en setembro
Formato:
Nativo dixital con versión impresa nos n.º 0 a 2
20 cm. x 13 cm., 80 mm.
Extensión:
Entre 20 e 58 páxinas
Lugares de distribución:
Calameo, para edición dixital. Ámbito de influencia da Galleira
Financiamento:
Autofinanciamento
Contido:
Publicación ilustrada a toda cor da Comisión de Sexo, Xénero, Diversidade e Políticas LGBTQI da Galleira editada en Ourense. Conta con formato nativo dixital e versión impresa. Ten periodicidade semestral, agás na última entrega. Comprende un total de cinco números, publicados entre 2016 e 2020. Non está estruturada en seccións porén repítense espazos como a información das actividades da Galleira na cidade de Ourense, as galerías fotográficas, as cronoloxías, a entrevista e as recomendacións. Conforme avanzan os números, a súa feitura achégase máis ao dunha revista. Recupera personaxes senlleiras da cultura galega de xeito lúdico con mariquitas recortables.
Ilustracións:
Fotografías, debuxos e grafismos
Números consultados:
0, 1, 2, 3, 4
Referencias bibliográficas:
López Casado, Laura: "El fanzine iberocuir: de discursos, estéticas y autorías precarias". Confluenze: rivista di studi iberoamericani, v. XIV, n.º 2 (2022), p. 223-247. DOI: https://doi.org/10.6092/issn.2036- 0967/15345
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinais: n.0 a n.2
Copia: n.3 e n.4
Créditos
Créditos
Galiza Nación Cuir. Fanzine da Comisión de Sexo, Xénero, Diversidade e Políticas LGBTQI da Galleira, de Ourense
UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Web
Miguel Alonso Fachado
Asesoramento
Jose Lens (imaxes)
Susana Guitar (arquivismo e documentación)
Agradecementos
Laura Bugallo