A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntanse aquí os 2 números publicados de Donicela. Revista das mulleres de Vigo. Promovida pola Coordinadora Feminista Donicela, créase co obxectivo de servir de canle de comunicación, diálogo e afianzamento da rede formada polos colectivos feministas e de mulleres do Concello de Vigo. Inclúe novas sobre cuestións laborais, memoria das mulleres, accións feministas, actividades culturais e artigos de investigación e reflexión.
Subtítulo:

Revista das mulleres de Vigo

Lugar:
Vigo
Inicio:
[1995]
Fin:
[1996]
Comezo-cese:
N.º 0 (inverno 1995) – n.º 1 (inverno 1996)
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Galego
Formato:
20 cm., 20mm x 29 cm., 30 mm.
Extensión:
16 páxinas
Prezo:
200 pts.
Tiraxe:
Descoñecida
Lugares de distribución:
Ámbito de influencia da Coordinadora Feminista Donicela
Financiamento:
Concellería da Muller do Concello de Vigo
Contido:
Publicación impresa, ilustrada e a tres cores da Coordinadora Feminista Donicela de Vigo. Ten periodicidade anual. Comprende un total de dous números publicados en 1995 e 1996. Non está estruturada en seccións porén nas dúas entregas aparecen espazos dedicados ao movemento veciñal, á memoria de mulleres senlleiras e de organizacións de mulleres e/ou feministas. Inclúe contidos vinculados coa actualidade. Moitas das achegas do n. 0 están asinadas, nas do n. 1 non se retén autoría ningunha.
Ilustracións:
Fotografías, debuxos e grafismos
Publicidade:
Concello de Vigo. Concellería da Muller
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinais: n.0
Copia: n.1
Créditos:

Créditos

Créditos
Donicela. Revista das mulleres de Vigo

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat. Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Jose Lens (imaxes)
Susana Guitar (arquivismo e documentación)

Agradecementos
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Corona Rodríguez

n. 00

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 00 1/1995
n. 01 1/1996