Contido:
Este disco ofrece dúas pezas da ópera Maruxa, de Amadeo Vives: do I acto, o «Dúo de Rosa e Rufo», interpretado por Emilia Iglesias e Enrique Beut, e do II acto, o «Terceto de la carta», onde destaca a portentosa voz da soprano compostelá Ofelia Nieto no papel de Maruxa. A lousa está editada en 1914, inmediatamente despois da estrea, e complementa o disco OO-0443, escolmado neste especial.