Contido:
Concordi Gelabert, director artístico da Compañía do Gramófono, conduce a orquestra desta discográfica na execución de dous números da ópera Maruxa: «Golondrón» e «Romanza de Rufo», cantados por Inocencio Navarro, baixo tenor. Esta lousa está editada en Barcelona, acabada de estrear a ópera, en 1915.