Contido:
A fermosa voz do barítono Inocencio Navarro interpreta «Golondrón», do acto I da ópera Maruxa. O compositor Amadeo Vives adapta a súa sardana titulada «Sant Pol» e convértea nun dos fragmentos máis coñecidos desta ópera. O personaxe de Rufo láiase das súas obrigas como capataz nesta obra ambientada en Galicia. Este disco de 1915 é unha das primeiras gravacións, xa que Maruxa foi estreada en 1914.