Colección de lousas

----

Banda Municipal de Barcelona: Himno gallego

Colección: Colección de lousas;
Arquivo depositario:
Inicio:
[1919]
Formato:
1 disco (2 temas)
25,5 cm.
Contido:
A Banda Municipal de Barcelona, dirixida nestes anos por Joan Lamote de Grignon, grava o "Himno Gallego" o 9 de outubro de 1919 na Cidade Condal, segundo o estudoso F. López-Acuña. As relacións entre as Irmandades da Fala e a Lliga Regionalista Catalana, para presentarse ás eleccións parlamentarias de febreiro de 1918, e as visitas do político catalán Francesc Cambó a Galicia no ano 1917 poderían contextualizar o interese da banda catalá polo noso himno.
Observacións:
Data tomada de fontes externas.