Contido:
Molinos de viento é unha zarzuela con música do compositor Pablo Luna e libreto de Luis Pascual Frutos. Estréase en 1910 na cidade de Sevilla. Esta lousa recolle a gravación de 1930, feita en Barcelona por Gramófono, onde o papel de Margarita está interpretado pola soprano estradense Mary Isaura. Acompáñana os cantantes líricos Tino Folgar, Enrique Parra e Cavaglieri. Dirixe a Orquesta del Teatro del Liceo o mestre Gelabert.