Colección de lousas

----

Manuel Dopazo y Segundo Cofreces : Perusalda. Baile vasco ; Arin-Arin-Mutila

Colección: Colección de lousas;
Selo discográfico:
Arquivo depositario:
Inicio:
[1913]
Formato:
1 disco (2 temas)
28 cm.
Contido:
Manuel Dopazo (Silleda, 1882-Buenos Aires, 1952) é, sen dúbida, o máis célebre músico na emigración arxentina. O seu virtuosismo coma gaiteiro, as súas composicións de forte pegada tradicional e o seu labor favorecendo o sentimento identitario convérteno nunha figura fundamental da historia da música galega. Nesta lousa, editada en 1913, a gaita de Dopazo interpreta dúas melodías de bailes tradicionais vascos: «Perusalda» [Porrusalda] e «Arin-Arin». Acompáñao Segundo Cofreces coa dulzaina.
Observacións:
Data tomada de fontes externas.