Contido:
Mary Isaura, soprano nada na Estrada en 1897, protagoniza, xunto con Tino Folgar, tenor catalán, o «Dúo de Margarita y Romo», do cadro primeiro da zarzuela Molinos de viento. Composta por Pablo Luna e con libreto de Luis Pascual Frutos, estréase en 1910 na cidade hispalense. Obra dun gran lirismo, aquí está interpretada pola Orquesta del Teatro del Liceo, dirixida polo mestre Gelabert. O disco está editado por Gramófono en 1930.