Colección de lousas

----

Orquesta Columbia : A Las tres de la mañana. Vals ; La Leyenda del beso. Intermezzo

Colección: Colección de lousas;
Selo discográfico:
Arquivo depositario:
Inicio:
[1928]
Formato:
1 disco (2 temas)
30 cm.
Imprenta:
Donostia. Guipúscoa.
Contido:
A Orquesta Columbia, dirixida por Daniel Montorio, interpreta «A las tres de la mañana» e «La leyenda del beso»; esta última de Reveriano Soutullo e Juan Vert. Daniel Montorio, nado en Huesca en 1904 e falecido en Madrid en 1982, é un bo exemplo da importancia dos directores artísticos das casas discográficas nestes anos. Eles planifican as gravacións, controlan as formacións orquestrais, adaptan as partituras, dirixen as orquestras e elixen repertorios segundo criterios non só artísticos senón comerciais; en definitiva, condicionan o gusto musical da época. O disco está editado en 1928.
Observacións:
Data tomada de fontes externas. | Na etiqueta: "Notas mágicas"