Contido:
O coro Cántigas da Terra, fundado na Coruña en decembro de 1916, ofrece neste disco dúas gravacións dirixidas por Manuel Fernández Amor: «Quer que lle quer», unha das obras musicais de máis éxito, harmonizada polo mestre Mauricio Farto, e «Canto de pandeiro de Mahía», tradicional. O disco está editado en Barcelona por Odeón en 1928.