A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----

A revolta dxs caracois

Colección: A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+;
Preséntanse aquí os 2 números publicados de A revolta dos caracois, editados por Sodoma e Rizoma. Revista de pensamento anarco queer, antisiquiátrico e antiautoritario.
Subtítulo:

N.º1: Revista de pensamiento queer
N.º2: Revista de pensamiento queer y anormal

Lugar:
Santiago de Compostela
Inicio:
[2010]
Fin:
2011
Comezo-cese:
N.º 1 (2010?) – n.º 2 (2011)
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Galego e castelán. Non temos constancia física nin dixital dos números completos editados en galego.
Formato:
13 cm. x 18 cm., 40 mm.
Extensión:
Entre 34 e 40 páxinas
Prezo:
Descoñecido
Tiraxe:
Descoñecido
Lugares de distribución:
Ámbito libertario
Contido:
Publicación dixital con tirada impresa, en branco e negro con algunhas imaxes a cor, ilustrada e editada por Sodoma e Rizoma. Comprende un total de dous números aparecidos entre 2010? e 2011. Non está estruturada en seccións porén nas dúas entregas aparece un espazo dedicado á pornopoesía. Inclúe contidos vinculados coa transexualidade, o pornoterrorismo, a antisiquiatría, a intersexualidade, a prostitución, o poliamor e o movemento queer. As achegas do n. 1 son anónimas, na súa maioría, mentres que no n. 2 a maior parte presentan autoría. Non consigna ano de edición.
Ilustracións:
Fotografías, debuxos e grafismos
Publicidade:
Non contén
Referencias bibliográficas:
diarioliberdade.org
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Versión dixital en castelán: n.º1 e n.º2.
Créditos:

Créditos


UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat. Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar (arquivismo e documentación)

Agradecementos
Iago Mora Arcas

n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 2010
n. 2 2011