As letras das mulleres
A incorporación das escritoras ás institucións literarias suscita múltiples tensións sobre a lexitimidade, a paridade, o recoñecemento e as prácticas diverxentes. Estes debates sobre as estruturas culturais repercuten tamén na esfera social e provocan reaccións e campañas, particularmente no activismo feminista. Máis concretamente, esta monografía mostra reflexións e documentos sobre a participación das creadoras e intelectuais na celebración do Día das Letras Galegas e na Real Academia Galega.
As achegas das expertas aportan argumentos para actualizar o debate. Ana Romaní e Ánxela Lema ofrecen unha mirada crítica sobre as incomodidades que xorden arredor das autoras homenaxeadas nas Letras Galegas mentres que Susana Aríns aborda unha iniciativa feminista popular para o recoñecemento de autoras das letras galegas vivas. Co foco posto na Real Academia Galega, as contribucións de Iolanda Veloso, Dolores Vilavedra e María Reimóndez fan memoria de dúas campañas realizadas entre 2010 e 2011 para instar á elección de máis mulleres como académicas de número. E a política de lavado lila (purplewashing) da RAG no ano da súa fundación, en 1906, ocupa a achega histórica de Helena González.
A documentación histórica recollida no apartado “escritas no tempo”, recupera iniciativas de diverso signo que reivindican unha maior presenza de mulleres nas institucións literarias: a proposta de candidatura de María Xosé Queizán feita polo Consello Municipal da Muller de Vigo en 2010; o manifesto “O xogo das cadeiras” e as reaccións que provocou en 2011; os manifestos da celebración anual “Nosa Señora das Letras” d’A Sega desde 2014; a campaña “Dez mulleres para as Letras Galegas 2018”; e mais o “Manifesto de Soutomaior” publicado en 2021.
Ofrécense tres galerías gráficas: Académicas desde 1906, homenaxeadas no día das Galegas nas Letras d'A Sega e mais no Día das Letras Galegas da RAG. Singularizan cada unha das autoras e intelectuais elixidas á vez que ofrecen unha liña do tempo do recoñecemento institucional que pon en evidencia as carencias e interrupcións.
Achegas expertas
-
2025. ROMANÍ, Ana: Cantan as letras delas? De Rosalía de Castro ás cantareiras.
2025. LEMA PARÍS, Ánxela: Jo, que horror!!
2025. REIMÓNDEZ, María: Por enriba do persoal, o político.
2025. SÁNCHEZ ARÍNS, Susana: Sementar a literatura que queremos.
2025. VILAVEDRA, Dolores: O xogo das cadeiras: imaxinar outro país posible.
Académicas desde 1906
-
1906. Emilia Pardo Bazán (1851-1921). Presidenta de honra
1906. Eugenia Osterberger (1852-1932). Académica correspondente
1906. Sinatura de Carmen Beceiro (1844-1903). Académica correspondente a título póstumo
1906. Emilia Calé Torres, "Esperanza" (1837-1908). Académica correspondente
1906. Sofía Casanova (1861-1958). Académica correspondente
1906. Clara Corral Aller (1847-1908). Académica correspondente
1906. «A Adela», poema de Rita Corral Aller (1853-1886). Académica correspondente a título póstumo
1906. Filomena Dato Muruais (1856-1929). Académica correspondente
1906. «A la luna», poema de Elisa Lestache Durán (ca. 1840-1919). Académica correspondente
1906. Sara Escarpizo Couto. Académica correspondente
1906. María Vinyals i Ferrés, Marquesa de Ayerbe (1875-1940). Académica correspondente
1906. Carolina Wilhelma Michaëlis (1851-1925). Académica correspondente
1906. Hipólita Muiño Lago, “Valentina Lago Valladares” (18??-1917). Académica correspondente
1906. Mercedes Tella Comas (1868-1934). Académica correspondente
1906. Mercedes Vieito Bouza (1887-1960). Académica correspondente
1907. Pura González Varela (1874-1958). Académica correspondente
1916. Francisca Herrera Garrido (1869-1950). Académica correspondente
1925. Herminia Fariña Cobián (1904-1966). Académica correspondente
1929. María del Adalid González (1874-1930). Académica de honra
1940. Marta de Mesquita da Câmara (1894-1980). Académica correspondente
1942. Amada López Meneses (1906-1976). Académica correspondente
1945. Francisca Herrera Garrido (1869-1950). Académica de número
1949. Juana de Ibarbourou (1892-1979). Académica correspondente
1950. Luz Pozo Garza (1922-2020). Académica correspondente (1950-1996)
1952. Sofía Casanova (1861-1958). Académica de honra
1952. Aurora Vidal Martínez (1910-2005). Académica correspondente
1956. Gala Martínez-Murguía Castro (1871-1964). Académica de honra
1980. Olga Gallego Domínguez (1923-2010). Académica correspondente (1980-1986)
1986. Olga Gallego Domínguez (1923-2010). Académica de número
1996. Luz Pozo Garza (1922-2020). Académica de número
2001. Xohana Torres (1929-2017). Académica de número
2002. María Teresa Barro Muñoz-Ortiz (1936-). Académica correspondente
2003. Rosario Álvarez Blanco (1952-). Académica de número.
2004. María Dolores Sánchez Palomino (1961-). Académica correspondente (2004-2022)
2009. Margarita Ledo Andión (1951-). Académica de número
2011. Débora Campos Vázquez (1973-). Académica correspondente
2012. Alba Nogueira López (1968-). Académica correspondente
2012. Olivia Rodríguez González (1959-). Académica correspondente
2012. Luz Méndez (1965-). Académica correspondente
2012. Goretti Sanmartín Rei (1964-). Académica correspondente
2012. Ana Isabel Boullón Agrelo (1962-). Académica correspondente (2012-2021)
2013. Fina Casalderrey Fraga (1951-). Académica de número
2014. Giulia Lanciani (1935-2018). Académica de honra
2014. Nélida Piñon (1937-2022). Académica de honra
2017. Marilar Aleixandre (1947-). Académica de número
2017. Olga Castro (1980-). Académica correspondente
2017. Helena González Fernández (1967-). Académica correspondente
2017. Kirsty Hooper (1975-). Académica correspondente
2017. Helena Villar Janeiro (1940-).Académica correspondente
2017. Helena Zernova (1951-). Académica correspondente
2017. Chus Pato (1955-). Académica de número
2017. Marina Mayoral (1942-). Académica de honra
2018. Carmen Pazos Balado (1968-). Académica correspondente
2018. Mercedes Queixas Zas (1968-). Académica correspondente
2019. Ana Romaní (1962-). Académica de número
2021. Ana Isabel Boullón Agrelo (1962-). Académica de número
2021. Pereira Porto, Celia (1971-). Académica correspondente
2022. María Dolores Sánchez Palomino (1961-). Académica de número











































































