NOTICIA

----

Comeza en Lubbock o IV Simposio Norteamericano de Estudos Galegos

Este xoves arrinca en Lubbock (Texas) o IV Simposio Norteamericano de Estudos Galegos que organiza a Asociación de Estudos Galegos que este ano leva por título “Camiño a Texas: unha morada galega na pradeira”. Unha cita coa que colabora o Consello da Cultura Galega (CCG) con conferencias e proxeccións.

No marco desta cita, o CCG encárgase das sesións plenarias de Kathleen March (University of Maine) que leva o título "Como internacionalizarmos a literatura galega?"; e a de Cristina Pato titulada "Entremedias: Interseccións e sostibilidade cultural".

Ademais, o CCG promove a mesa redonda sobre o "Novo Cinema Galego", coa participación por videoconferencia de Óliver Laxe, de Margarita Ledo Andión e de Álvaro Gago, moderada por Cristina Moreiras-Menor (University of Michigan); aasí como a proxección das súas películas "O que arde", "Matria" e "Nación".