David Chipperfield explicou a acción da Fundación RIA, que creou en 2017 co obxectivo de contribuír á planificación territorial estratéxica para preservar os valores naturais e culturais. Na súa intervención falou de mecenado e filantropía, que ten dúas vertentes a social e a cultural e que permite conectar xente que quere contribuír co seu capital e proxectos que necesitan ser apoiados. Alertou dos riscos e perigos da filantropía e do mecenado que considera que non é algo que poida cambiar o mundo. Na súa opinión, o esforzo debe estar en repensar o planeamento que considera que é o reto dos nosos tempos, non é exclusivo de Galicia e é o espazo “no que o mecenado non entra”. Explicou que o planeamento implica distribución poboacional, identidade, medio ambiente, tráfico (que cualificou como o maior problema). Tamén aludiu á perdida da identidade como causa dese desleixo que explica algunhas das actuacións urbanísticas.
O Consello da Cultura Galega cumpre en 2023 corenta anos. No marco das actividades deseñada para celebrar a efeméride, hai unha liña encamiñada a visibilizar a historia da entidade neste tempo. Unha desas accións consiste en poñer na rede, de carácter mensual, unha conferencia relevante que se pronunciara no marco da súa actividade.
(no vídeo a partir do minuto 41)

