NOTICIA

----

Un documental sobre a historia do Consello da Cultura Galega estréase na Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia emite este xoves, 25 de xaneiro (23:00 horas), na súa segunda canle (TVG2) o documental Pensar o mundo dende Galicia: 40 aniversario do Consello da Cultura Galega. A peza, realizada pola produtora audiovisual Tamboura Films, recompila os principais fitos, acontecementos destacados e obxectivos acadados polo Consello da Cultura Galega (CCG) dende a súa creación no ano 1983.

O documental repasa algunhas das efemérides que marcaron a historia do Consello da Cultura Galega dende que, o 8 de xullo de 1983, se aprobase a lei que regulaba a súa creación. Son corenta anos de existencia (1983-2023), nos que a institución desempeñou un papel chave na defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.