NOTICIA

----

A presidenta recibe a visita do arcebispo da diocese de Santiago

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu esta mañá a visita institucional de monseñor Francisco José Prieto Fernández, arcebispo da diocese de Santiago de Compostela. É a primeira visita do arcebispo á institución desde o seu nomeamento e asinou no libro de honra da institución.

Na xuntanza abordaron as relacións entre ambas as entidades, así como actividades recentes do CCG nas que se profundou en aspectos como a galeguización da Igrexa na etapa da Transición ou a homenaxe á figura de Alfonso Zulueta de Haz, expresidente do CCG que tivo un papel destacado na tradución da Biblia ao galego.