A Asociación Galega de Editores volveu escoller a sede do Consello da Cultura Galega para a celebración do seu encontro anual. Nesta ocasión abordaron a a visibilidade do libro galego nas librarías e as estratexias de comercialización. No marco da xuntanza ofrecéronse datos reveladores sobre a situación do libro galego. En Galicia só 8 de cada cen galegos elixe un libro en galego, fronte aos 17 en eúscaro do País Vasco ou os 34 en catalán de Cataluña.


