Manuel Rivas Barrós, engade o xurado, “acompaña o seu activismo, cunha pluma que, sen adoutrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara á defensa da pluralidade lingüística e cultural e cara á igualdade de xénero”. “Cunha voz poderosa e singular, crea literatura e, con ela, volve situar a escritura galega no Olimpo das letras nacionais”, conclúe.
O Ministerio de Cultura distingue co Premio Nacional das Letras Españolas o coxunto dun labor literario en calquera das linguas do Estado, dun autor ou autora de España cuxa obra se considere como parte integrante do conxunto da literatura española actual.
O galardón que acaba de acadar Manuel Rivas é o primeiro nesta categoría para un escritor en lingua galega. Suma un novo recoñecemento para a nosa literatura, semandas despois de que Chus Pato recibira o Premio Nacional de Poesía polo seu poemario Sonora.


