----

A institución celebrou unha sesión plenaria ordinaria

O Consello da Cultura Galega celebrou no serán deste xoves unha sesión plenaria de carácter ordinario na que se aprobou a programación para o vindeiro trimestre (entre abril e xuño) e se fixo balance da actividade desenvolvida desde xaneiro.

No primeiro trimestre do ano organizáronse 24 actividades, o 42% fóra da na nosa sede, e editáronse dúas publicacións. En acción exterior realizouse unha viaxe institucional a Irlanda que abriu novas vías de colaboración que se concretarán nos vindeiros meses. En materia de asesoría, neste período elaboráronse 15 informes de diferente tipo entre documentos de traballo, BIC e estudos de impacto ambiental. Actualmente están abertas cinto itinerancias de catro exposición propias. Por diante lembraremos a Isaac Díaz Pardo, novas sesión dos ciclos habituais de traballo máis a celebración do Día das Letras Galegas, entre outras accións.