O novo presidente apuntou, segundo figura no comunicado feito público pola RAG, ábrese un período de “continuidade e novo pulo”. Entre as liñas de acción da institución cultural seguirase "a traballar na defensa do idioma, afondando nunha liña propositiva que reforce a colaboración coa sociedade civil e outras institucións. Dentro da súa estratexia de servizo público, a entidade presentará novas ferramentas lingüísticas en liña e seguirá a apostar polo incremento da presenza feminina no seu seo, nun período no que regresará ademais á súa sede, unha vez completada a rehabilitación integral do edificio histórico da rúa Tabernas da Coruña".


