A presidenta lembrou que o carácter estatutario e independente da institución, aprobada por unanimidade no Parlamento, que lle conferiu un mandato que entende a cultura nun concepto moderno e en sentido amplo. “Somos das primeiras leis aprobadas na autonomía e que, ademáis, marcou a centralidade da cultura galega no ámbito da acciónn do goberno” apuntou na súa intervención.
Con respecto á composición explicou que conta cunha rede de colaboradores que rola das 200 persoas entre os que se inclúen os membros do Pleno, Seccións, Arquivos e Comisións técnicas e que están en permanente remuda. “Todos os membros teñen unha permanencia máxima de oito anos” detallou. Ademais, tamén explicou que a día de hoxe existe paridade na súa composición.
No marco da súa intervención fixo unha panorámica das actividades desenvolvidas pola institución, das que a metade se realizan fóra da sede, e entre as que hai variedade nos formatos (xornadas, exposicións, publicacións, especiais web…) que atenden a diferentes ámbitos. Sobre o carácter asesor, lembrou que a institución realiza desde informes BIC, informes de impacto ambiental ata estudos específicos sobre a cultura (actualmente están en marcha, entre outros, un sobre o turismo cultural de Galicia e outro sobre a lingua).