O encontro pretende poñer en valor o carácter patrimoniais e a potencialidade turística destes elementos. A xornada arrincou esta mañá en Braga cunha mesa redonda que revisa á “Rota dos Jardins Históricos do Norte de Portugal”. Está moderada por Manuel Carvalho Sousa e nela intervén Teresa Andresen, quen afondará na estruturación da ruta, con especial atención aos traballos de inventariado, clasificación e certificación, ademais de achegar diferentes novas sobre a sustentabilidade e a conservación. De seguido, Mariana Sargo abordará como acometer as visitas neste tipo de espazos. Pechan esta mesa as intervencións de Francisco Calheiros, proprietario do Paço de Calheiros e Fernando Guedes, proprietario da Casa de Juste. Pola mañá a haberá unha visita ao parque da Casa da Penha guiada polos seus donos, Miguel e João Moreira.
Pola tarde atenderase á realidade galega destes espazos nunha mesa redonda moderada pola arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea. Nela intervirán o arquitecto Ricardo Varela; Gonzalo Rivero de Aguilar, propietario do Pazo de Faramello; Juan Manuel Albendea Solis, director xeral da Fundación Casa Ducal de Medinaceli para abordar a situación do Pazo de Oca; Encarna Lago, xerente da Rede Museística de Lugo, para analizar o caso do Pazo de Tor; máis José Ramón Castiñeiras, responsable da área de Imaxe e xestión de marca da Axencia de Turismo de Galicia. A sesión pecha coas intervencións de Jorge Sobrado, vicepresidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte; Luís Pedro Martins, presidente da Entidade de Turismo Porto e Norte de Portugal; e da presidenta do CCG, Rosario Álvarez.
A sesión remata este sábado 3 de maio coa visita ao Santuário do Bom Jesus do Monte, guiada por Varico Pereira, vicepresidente da Mesa Administrativa da Confraria do Bom Jesus do Monte; máis a visita á Quinta do Souto a cargo do seu propietario, Luís Braga da Cruz.