No ano 2008 estivo en Santiago de Compostela no marco do ciclo Conversas de... onde se preguntaba “Como esquecer se os meus dous netos poden estar con quen matou aos seus pais?” e explicaba que logrou aferrarse á vida grazas a idea de recuperar eses nenos ou nenas e acompañar na vida aos pequenos Fernando e Martín, fillos das súas fillas que coma ela, sobreviviran á masacre.
A casa do matrimonio converteríase nun lugar de encontro cultural, con iniciativas e proxectos como a editorial Frontera e a revista Hora Cero, onde se publicaría Vida do Che e a obra máis recoñecida de Oesterheld, El Eternauta.
Na última etapa da súa vida, Elsa Sánchez foi unha activa militante do movemento das Avoas da Praza de Maio, organización á que se achegou por recomendación do profesor Adolfo Pérez Esquivel. Salientaba a labor da organización para que crimes así non se volvan repetir, e confesaba a dor e desesperación que levaba arrastrando durante toda a súa vida nunha loita pola verdade.
En 2020 interveu no acto de inauguración da Feira do Libro de Frankfurt onde afirmaba que volvía ter esperanzas para recuperar á súa familia. No ano 2011 recibía a distinción de Personalidade Destacada da Cidade de Bos Aires, e estreábase o documental A muller do eternauta dirixido por Adán Aliaga de Frida Films.
Álbum de Galicia
En xaneiro de 2020 o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. Na actualidade conta con máis de 770 entradas, das cales as máis recentes son as de José Fernández Vide, Paco Conesa, Mercedes Mariño, Aurichu Pereira, Lola Arribe, Valentín Lamas Carvajal, as cantareiras de Cerceda, Virxilio Viéitez, Tucho Lagares ou Eduardo Lence-Sartar. As biografías do Álbum están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Os textos e materiais están producidos por expertos e son unha fonte rigorosa para acceder á vida e obra destes persoeiros. Ademais, o Álbum de Galicia permite explorar a presenza das persoas biografadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega.