A URALIC Centre for Indigenous Peoples foi creada en 2017 por Oliver Loode, activista finno-úgrico e ex membro do Foro Permanente da ONU para as cuestións indígenas. Os membros desta delegación proceden do Võru, no sueste de Estonia, preto das fronteiras con Letonia e Rusia. Falan o votio, unha das linguas urálicas que está emparentada co estonio, aínda que con vocabulario, gramática e pronunciación distintas.
Entre os seus obxectivos está a protección e defensa dos dereitos lingüísticos, culturais e de desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas, especialmente do ámbito urálico (fino-úgricas e samoyédicas), en consonancia coa Declaración da ONU sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas. Aínda que ten ambición global, por estar radicada en Estonia, centran moitos dos seus proxectos nos países bálticos, Escandinavia, Europa oriental e Rusia.