A xornada, que se celebrará a partir das 16.30 horas, prestará atención á relevancia cultural dos oficios do mar e a regulación do patrimonio cultural inmaterial e contará coa participación con representantes das comunidades portadoras deses saberes. Deste xeito, Lino Lema, do Padroado do Museo do Pobo Galego, prestará atención aos “Oficios do mar na cultura marítima”, e Manuel Chaín, da Xunta de Galicia, falará da “protección do patrimonio cultural inmaterial” no marco lexislativo galego. Gerardo Triñanes, da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, falará sobre este oficio, ao igual que Rosa María Pardo Campaña, presidenta da Asociación de Redeiras do Cerco de Portosín, do seu oficio. A xornada rematará cunha mesa de debate sobre a salvagarda dos oficios do mar, moderada por Guadalupe Jiménez Esquinas, antropóloga da Universidade de Santiago de Compostela.
A inscrición da xornada é gratuíta e o número de prazas está limitado a 100 persoas.