O alumnado, acompañado das docentes Valeira Trotta e Araceli Fernández, fíxolle entrega á presidenta dunha obra de pequeno formato da artista arxentina Lara Palma. De volta levan un catálogo da exposición “Materiais Seoane”; o libro disco “Cantares gallegos” e a publicación “Alba de Gloria”. Ademais, cada un dos egresados recibiu un exemplar da banda deseñada Marcela e Elisa feita por Xulia Vicente para a institución.


