----

Unha conferencia e unha interpretación en colaboración coa Fundación Pondal

Este sábado, 20 de decembro, cúmprense 118 anos da celebración da primeira vez que se interpretou o himno galego na Habana. No marco desta efeméride, o Consello da Cultura Galega, colabora coa Fundación Pondal no desenvolvemento de varias actividades. Hoxe xoves, no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, Manuel Ferreiro, un dos máximos estudoso na obra de Eduardo Pondal, ofrecerá unha conferencia sobre o autor da letra do himno. E sábado, a coincidir co día da celebración, na casa natal de Eduardo Pondal terá lugar a interpretación do himno a cargo da asociación coral de Ponteceso "A oliveira" do Monte Branco nun acto que presenta Cristina Pet Posse.

O Himno Gallego estrenouse oficialmente o 20 de decembro de 1907 no Teatro Tacón de La Habana no marco dunha gala patriótico musical a cargo do Centro Galego da capital cubana.