Como é habitual a xornada “Encontros Temáticos Transversais co Patrimonio Cultural” celébrase en dobre sesión. O martes intervirá Ana María Salem Parets, doutora en Dereito Público pola Universitat de les Illes Balears, con experiencia no estudo da ordenación do litoral, na sustentabilidade urbanística e a gobernanza dos recursos naturais en contextos insulares, así como a análise do impacto das políticas públicas sobre o territorio.
A partir da súa intervención, o mércores 5 de maio (17.00 horas) terá lugar o debate con expertos galegos para analizar cuestións relacionadas coa planificación territorial e os diferentes tipos de patrimonio. María José Andrade Suárez, profesora titular de Socioloxía, Universidade da Coruña. O arquitecto e concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, Iago Lestegás Tizón, explicará as medidas adoptadas recentemente por este concello. Pola parte do patrimonio inmaterial intervirán o investigador e estudoso do Entroido tradicional de Xinzo de Limia, Justo Gude Méndez, mentres que polo patrimonio natural falará Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. Teresa Nieto, coordinadora da Sección de Patrimonio e Carlos Amoedo Souto abrirán e moderarán este debate.
Os Encontros Temáticos Transversais
En 2025 a Sección de Patrimonio e Bens Culturais puxo en marcha o proxecto “Encontros Temáticos Transversais dende o Patrimonio Cultural (ETTPC)” para afondar a transformación do territorio. Nas primeira sesión abordouse o tema da paisaxe da man de a arquitecta e investigadora Rebeca Merino del Río, coa réplica de Manuel Mª Chaín Pérez, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventud; o xeógrafo Xosé Constenla Vega da Universidade de Vigo; o antropólogo José Antonio Cortés Vázquez de AGANTRO, Universidade da Coruña, CISPAC e a enxeñeira agrónoma Inés Santé Riveira da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén se analizou a paisaxe co xeografo catalán Joan Nogué iFont, mentres que pola banda galega investiron o xeógrafo Valerià Paül Carril, o biólogo Jaime Fagúndez Díaz, a economista María do Mar Pérez Fra e a comunicadora audiovisual do Instituto de Estudos Ulloáns, Patricia Coucheiro González. A situación do rural analizouse en febreiro de 2026 coa presenza do antropólogo Jaume Franquesa e, da banda galega, Joám Evans Pim, da Fundación Montescola; Rosa Regueiro Ferreira, economista da Universidade de Santiago de Compostela; Rafael Saco Fernández, do Laboratorio Ecosocial do Barbanza; e Xabier Simón Fernández, economista da Universidade de Vigo e membro do Observatorio Eólico de Galicia, moderado por Carlos Amoedo. En marzo, a cuarta sesión abordou a cuestión do litoral con Verónica Sánchez Carrera, arquitecta e urbanista española especializada en arquitectura humanitaria e planificación urbana sostible e, pola banda galega, o catedrático de dereito, Carlos Amoedo Souto; o arquitecto urbanista Manuel Borobio Sanchiz; a arquitecta e investigadora Elisa Gallego Picard, máis a bióloga Lucía Soliño Alonso, presidenta de ADEGA Vigo.



