NOTICIA

----

A institución recibe a visita do alumnado do colexio hispano arxentino Santiago Apóstol

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, recibiu na mañá deste martes a visita do alumnado de quinto de secundaria do colexio hispano arxentino Santiago Apóstol. No encontro explicoulles o funcionamento da institución e a súa actividade, con especial atención aos recursos e materiais relativos a Arxentina. «É unha visita moi especial que agardamos con moito afecto desde a institución, porque sodes tamén unha parte de Galicia», sinalou Dolores Vilavedra durante a súa intervención.

Na recepción participou tamén o vicepresidente do CCG, Alejo Amoedo, que puxo en valor o fondo sonoro da institución relacionado coa Arxentina, que reúne materiais de especial interese para coñecer e preservar a memoria da comunidade galega neste país.

O alumnado, acompañado do docente Sebastián Safier e da psicopedagoga Liliana Durand entregoulle á presidenta dunha obra de pequeno formato da artista arxentina Lara Palma. De volta levan varios exemplares da publicación “Ventá a fisterra” de José Caruncho.