Durante a reunión, analizaron tamén os principais retos aos que se enfronta o sector cultural e algunhas das transformacións que están a marcar o futuro da cultura, así como a importancia de reforzar o coñecemento e a difusión do patrimonio e da produción cultural galega.
O encontro permitiu, ademais, intercambiar puntos de vista sobre posibles vías de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Delegación do Goberno en Galicia, co obxectivo de favorecer a coordinación e o desenvolvemento de iniciativas de interese para a cultura galega.




