A presidenta do CCG trasladou ao presidente da Xunta as novas liñas de traballo que a institución acometerá en 2027, entre as que destacan cambios nos formatos de programación, en consonancia coas novas demandas de consumo cultural.
Outro dos asuntos que se abordaron no marco do encontro foi a avaliación e seguimento que o CCG realizará da aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística. O CCG continuará a contribuir á implementación das medidas consignadas no plan que se derivan do proceso participativo “Un país coa súa lingua”. Falouse tamén da necesidade da reactivación de varias propostas como a creación do Instituto Rosalía e o Museo das Migracións, iniciativas recollidas en diferentes documentos asesores do CCG.
A creación de máis contidos audiovisuais en lingua galega para a mocidade, así como o desenvolvemento de tecnoloxías en galego que posibiliten a accesibilidade son outros dos asuntos que abordaron no marco da xuntanza que tivo lugar na mañá deste venres en San Caetano.
Ao encontro asistiron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; e, pola banda do CCG, os vicepresidentes Jorge Mira e Alejo Amoedo máis o xerente, Marcelino Fernández.





