----

Ramón Villares falará mañá na Universidade de Stanford-Palo Alto-California sobre "Galicia, unha nación cultural"

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2009.- O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, pronunciará mañá unha conferencia na Stanford University de Palo Alto-California (Estados Unidos).


O tema será “Galicia, unha nación cultural” e o conferenciante reflexionará sobre o proceso histórico que posibilitou a construcción de Galicia como nación-cultura no espazo europeo e na súa relación con América.
Velaí os enlaces coa información que sobre este acto ofrecen a Universidade de Stanford e o Department of Iberian and Latin American Cultures (ILAC):
http://www.stanford.edu
http://events.stanford.edu/2009/October/29/
http.//ilac.stanford.edu
http://www.stanford.edu/dept/span-port/cgi-bin/?q=node/394

O pasado día 23 de outubro Ramón Villares falou no Graduate Center da City University of New York sobre “A cultura galega e o exilio republicano (Bos Aires e Nova York)”.