----

O Consello da Cultura Galega compartirá stand en Liber"09 co Institut d´Estudis Catalans e a Academia da Lengua Vasca

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2009.- O Consello da Cultura Galega, xunto co Institut d´Estudis Catalans e a Real Academia da Lengua Vasca (Euskaltzaindia), estará presente cunha escolma das súas publicacións en LIBER’09, encontro internacional da industria editorial que se celebra do 7 ao 9 de outubro no Pavillón 12 da Feira de Madrid. As tres institucións culturais compartirán un espazo no que darán a coñecer algunhas mostras das súas produccións bibliográficas.




O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, viaxará a Madrid o día 7 de outubro para estar presente no inicio do Liber’09 e subliñar, unha vez máis, a vontade da institución de cooperar cos organismos responsables de impulsar as linguas e as culturas propias en Euskadi, Cataluña e noutras Comunidades Autónomas.


Organizada por IFEMA e promovida pola Federación de Gremios de Editores de España, LIBER’09 conta co patrocinio da Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas do Ministerio de Cultura; o Instituto Español de Comercio Exterior; a Comunidad e  o Ayuntamiento de Madrid; a Asociación de Editores de Madrid, e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).