Santiago de Compostela, 8 de maio de 2009.- O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, asinou en Londres un protocolo de colaboración coa Anglo-Spanish Cultural Foundation (Founder Vicente Cañada Blanch), representadas respectivamente polo seu Chairman, David Brighty, e o seu director, Paul Preston, para a realización de actividades de intercambio cultural. O Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies forma parte do Instituto Europeo da London School of Economics and Political Science, pertencente á Universidade de Londres. Trátase dun paso máis por parte do Consello da Cultura Galega para promover o coñecemento e a difusión da cultura galega no exterior.

O obxectivo do protocolo asinado é a realización de actividades e proxectos en forma conxunta e especialmente a organización de conferencias, seminarios e cursos sobre programas de interese para as dúas institucións e o intercambio de experiencias culturais.

O primeiro paso será a organización conxunta de diferentes seminarios durante o curso académico 2009-2010 na sede do Cañada Blanch Centre for Contemporay Spanish Studies.

A Anglo-Spanish Cultural Foundation, patrocinador do Cañada Blanch Center for Contemporary Spanish Studies, forma parte do Instituto Europeo da London School of Economics and Political Science, pertencente á Universidade de Londres. Promove a investigación e o ensino da historia contemporánea española, a súa economía, socioloxía e cultura.

Coincidindo coa sinatura deste protocolo de colaboración, o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, pronunciou en Londres unha conferencia sobre o tema “Galicia: da Alba de Gloria á Noite de Pedra”, unha reflexión sobre as cincunstancias de Galicia durante a II República e oterrible impacto da guerra e da violencia desatadas a partir de 1936.