Santiago de Compostela, 24 de abril de 2009.- O Consello da Cultura Galega e o seu Presidente, Ramón Villares, acollerán o luns, 24 de abril, a partir das 10 horas, un foro de debate sobre “Os Consellos de Cultura, en perspectiva comparada”, ao que asistirán representantes dos organismos culturais de Euskadi, Catalunya e Valencia.
O primeiro relatorio, “Reflexións sobre el Consell de les Arts i de la Cultrura”, será o de Ferrán Mascarell, ex conseller de Cultura da Generalitat de Catalunya.
Logo do primeiro debate, será o turno de Ramón Lapiedra, membro do Consell Valencià de Cultura, que falará das características desta institución. A pausa chegará ás 14 horas, logo do segundo debate.
Ás 16 horas, Ramón Zallo, conselleiro vasco de Cultura, referirase ás “Estruturas institucionais da cultura no País vasco”.
Despois do debate xeral, ás 17´30 horas daranse a coñecer as conclusións dun foro que inaugura os encontros entre estas catro institucións culturais de Galicia, Euskadi, Catalunya e Valencia.

