Santiago de Compostela, 8 de abril de 2009.- O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, finaliza esta tarde un intenso programa de actividades na Arxentina coa presentación do libro “Los gallegos en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa”. O xoves presidiu o acto inaugural da exposición “Galicia, o sorriso de Daniel”, no Centro Galicia, de Bos Aires.

A presentación do libro “Los gallegos en el imaginario argentino”, publicado na serie “Galicia Exterior” da Fundación Pedro Barrié de la Maza e dirixido por Rosa María Lojo coas contribucións de Marina Guidotti e Ruy Gonzalo Farías, levouse a cabo coa colaboración do Consello da Cultura Galega e a Oficina Cultural da Embaixada de España e desenvolveuse no auditorio da Facultade de Ciencias Empresariais e Sociais de Bos Aires. Interviron: Ramón Villares, Presidente do CCG; Antonio Prats Marí, conselleiro Cultural da Embaixada de España; Javier López Martínez, Director da Fundación “Barrié de la Maza”, Rosa Lojo.

A exposición “Galicia, o sorriso de Daniel”, promovida polo Consello da Cultura Galega para dar a coñecer a diversidade cultural galega, permanecerá no Centro Galicia de Bos Aires todo o mes. Con anterioridade puido verse en Salvador de Bahía e Sao Paulo (Brasil), A Habana (Cuba), Montevideo (Uruguay) e na Delegación da Xunta en Bos Aires.

Foron estes os actos finais dun programa que Ramón Villares iniciou na Arxentina o pasado 30 de marzo e que se resume en dúas conferencias, a presentación de tres libros e a inauguración de exposicións en Bos Aires e Rosario. O Presidente do Consello da Cultura Galega estivo acompañado polo xerente da institución, Marcelino Fenández Santiago, e por Emilia García López, do Arquivo da Emigración Galega.