----

A exposición "Galicia, o sorriso de Daniel", no "Centro Galicia", de Bos Aires

A exposición “Galicia, o sorriso de Daniel”, promovida polo Consello da Cultura Galega, foi inaugurada o 7 de abril no Centro Galicia de Bos Aires, polo Presidente da institución, Ramón Villares. A mostra, de gran forza visual, ten como referentes as figuras do profeta Daniel do Pórtico da Gloria e Daniel Castelao, autor de “Sempre en Galiza", e foi deseñada para dar a coñecer a realidade e a diversidade da cultura galega nas súas plurais manifestacións. Trátase de “espallar esa realidade, a dunha nación-cultura, e de promover o diálogo con outras culturas, facendo da diferenza un valor e non unha limitación”. A exposición puido verse noutras cidades de Brasil, Portugal e Arxentina.