Ramón Villares intervirá o venres día 27 nunha mesa redonda sobre “La situación y la imagen del hispanismo internacional. Retos para el futuro” xunto con Inma González Puy, directora do Insatituto Cervantes de Pekín; Oskar Mazín, do Colegio de México e da Academia Mexicana de la Historia; Tomás Pérez Vejo, da Escuela Nacional de Antorpología e Historia de México, e Ana María Rabe, da Universidade de las Artes de Berlín.
Na sesión do xoves día 26 intervirán tamén Roberto Blanco Valdés e Pilar Cagiao Vila, profesores da Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro pronunciará unha conferencia sobre “La constitución de Cádiz en la historia del constitucionalismo español”. A segunda participará nun panel sobre “Inventario de repositorios digitales para la enseñanza e investigación en humanidades”.
O II Foro Editorial de Estudios Hispanicos y Americanistas é un congreso organizado conxuntamente pola Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE), o Instituto Cervantes e o Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz. Plantéxase como un encontro transatlántico bienal entre España e América para tender pontes interculturais a través da lingua e do coñecemento.


