A exposición itinerante “Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración”, promovida polo CCG e a Secretaría Xeral da Emigración, foi inaugurada o 4 de abril no Centro Galego de Rosario (Arxentina) polo Presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares. A mostra resume en 62 paneis verbo-icónicos mais dun século de historia do asociacionismo e a capacidade autoorganizadora da emigración galega. Con anterioridade puido verse en Lisboa, Sevilla, Mar del Plata e no Centro Galego de Bos Aires. En Rosario permanecerá ata o 30 de abril.

