----

O Consello da Cultura Galega comparte stands en LIBER co Institut d´Estudis Cataláns, a Academia da Lingua Vasca e as editoras universitarias españolas

O Consello da Cultura Galega, xunto co Institut d´Estudis Catalans e a Real Academia da Lengua Vasca (Euskaltzaindia), e tamén coa Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE), estará presente en LIBER 2012, encontro internacional da industria editorial hispana que se celebra do 3 ao 5 de outubro no recinto da Fira de Barcelona. Trátase de dar a coñecer unha escolma das súas máis recentes produccións bibliográficas no maior encontro profesional da industria do libro en español, que acolle 450 editoriais e empresas de 15 países.

O Consello da Cultura Galega desenvolve así, máis unha vez, os seus obxectivos de cooperar cos organismos responsables de impulsar as linguas e as culturas propias en Euskadi, Cataluña e noutras Comunidades Autónomas e ampliar a súa presenza e acción exterior. Entre as publicacións presentadas polo CCG figuran: “Os sentidos das culturas”, “Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina”, “Escribir de ciencia en galego”, “Un canto e unha luz na noite. Asociacionsimo cultural en Galicia 1961-1975” ou “As linguas a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega”.

Organizada e promovida pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), LIBER 2012 -trixésima Feira Internacional do Libro- conta co patrocinio da Dirección General del Libro do Ministerio de Cultura; o Instituto Español de Comercio Exterior e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).

Máis información en:
www.consellodacultura.org
www.iec.cat
www.euskaltzaindia.net
www.une.es
www.liber.es