No acto estivo presente a profesora Valeria Gil Conde. Ramón Villares, que viaxou a Sâo Paulo para inaugurar o pasado día 21 a exposición “Valentín Paz-Andrade, unha antena galega no Brasil” na Casa Guilherme de Almeida, participou tamén nunha mesa redonda sobre “A cultura galega en Brasil”, celebrada na sede do Instituto Cervantes en Sâo Paulo.
Sobre “A cultura galega no Brasil”, ademais de Ramón Villares, falaron a escritora Iolanda Zúñiga, a profesora Yara Frateschi Viera, catedrática de Literatura Portuguesa na Universidade de Campinas, e a profesora Valeria Gil Conde, da Universidade de Sâo Paulo.
A sede do Instituto Cervantes en Sâo Paulo acollerá tamén o martes día 27 o concerto “Meu canto”, título do álbum co que a cantante galega Uxía celebra os seus 25 anos na música. No concerto estará acompañada por Sergio Tannus. O álbum foi gravado nos estudios “Biscoito Fino” de Río de Janeiro. Os actos foron organizados conxuntamente polo Instituto Cervantes e o Consello da Cultura Galega.


