Nada en Coimbra en 1962, esta escritora é licenciada en Ciencias da Comunicación en Lisboa e iniciou a súa andadura profesional como xornalista. Integrou a equipa fundadora do “Independente” e foi directora da revista "Marie Claire".
En 1991 publicou o seu primeiro libro, de literatura infantil, "Mais Ninguém Tem", ao que seguiron as novelas "A Instrução dos Amantes", "Nas Tuas Mãos" e "Fazes-me falta". É de salientar tamén a "Fotobiografia de José Cardoso Pires" e "20 mulheres para o séc. XX".
O acto, organizado pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do CCG forma parte parte do programa trimestral de encontros con escritores portugueses, recentemente iniciado coa intervención de João de Melo.

