----

11-12 A.- Coloquio internacional sobre “Inmigración, mercados laborais e traballo doméstico urbano en Europa nos séculos XVIII-XX”

A Biblioteca do Consello da Cultura Galega acollerá os días 11 e 12 de abril, xoves e venres, o coloquio internacional “Inmigración, mercados laborais e traballo doméstico urbano en Europa, séculos XVIII-XX. Unha perspectiva comparada”. O programa, en sesións de mañá e tarde, foi organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e a École des hautes études hispaniques et iberiques da “Casa de Velázquez” e coordinado por Isidro Dubert. Trátase de profundizar no coñecemento das claves do mundo urbano uropeo desde unha perspectiva integrada, comparada e na media e longa duración. Os relatores son profesores das universidades de Santiago de Compostela, París, Lisboa, Urbino, Genève, Complutense-Madrid, Jaén, Granada, Barcelona e A Coruña. O Consello da Cultura Galega mantén deste xeito e renova a súa colaboración coa Casa de Velázquez, institución cultural francesa radicada en Madrid.
11-12 A

A sesión inaguural terá lugar o xoves día 11 ás 9 horas e contará coas intervencións de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Francisco Durán Villa, vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Jean-Pierre Étienvre, director da Casa de Velázquez, e Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC.
Deseguida o primeiro panel analizará a “perspectiva europea” da inmigración laboral.

A sesión da tarde, a partir das 16 horas, ocuparase de “Inmigración, dinámicas demográficas e mobilidade laboral”.
As sesións do vernes día 12 debatirán sobre “Inmigración, mercados de traballo e traballo doméstico”, pola mañá e “”Inmigración, mercados de traballo e espazo social”, pola tarde.
Por último reusmirá e expoñerá as conclusións Isidro Dubert, catedrático de Historia Moderna da USC.